Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/05/2022 | Actualizada ás 19:21
O Consello da Xunta deu o visto e prace ao informe da Policía Autonómica sobre as actuacións levadas a cabo o ano pasado en materia de protección de vítimas de violencia machista, que se incrementaron durante estes anos ata conseguir 92 efectivos destinados anualmente a este programa de protección.
Segundo informa o Executivo autonómico, o número de efectivos destinados anualmente a este programa de protección durante os anos 2016 a 2020 era de 86 efectivos de media anual. No ano 2021, pasaron a 92 efectivos.
Durante o ano 2021, o número de vítimas activas no sistema de protección variou desde 279 de principios de xaneiro ata 274 mulleres protexidas por esta unidade a 31 de decembro de 2021.
A Xunta tamén incidiu no descenso do número de detidos en relación con anos anteriores, así como do número de notificacións xudiciais.
O ano pasado realizáronse case 6.500 actuacións de vixilancia do agresor coa vítima, preto de 30.000 controis na contorna, tanto de vítima como de agresor, 680 diversos acompañamentos ás vítimas (xulgado, comisaría ou recollida aveños, entre outros) e foron detidas 14 persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.