A Xunta de Rueda e á volta aos valores tradicionais do PP: familia e infancia

O futuro presidente da Xunta anuncia máis vacinas infantiles, un plan contra o acoso escolar, máis prazas en campamentos de verán e unha lei de inclusión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2022 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Semella que chegan novos aires á Xunta. Alfonso Rueda, que leva na Xunta tanto tempo como Feijóo, é dicir, trece anos e un mes, quixo deixar claro este martes que el non é Feijóo, que é "Alfonso Rueda" e que, aínda que continuará as políticas do seu predecesor, iniciará un "novo camiño". Un camiño no que a familia terá moita importancia.

O vicepresidente en funcións da Xunta de Galicia e candidato a presidir o PP de Galicia, Alfonso Rueda, na súa primeira sesión de investidura, a 10 de maio de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Hoxe e o próximo 12 de maio, o. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O vicepresidente en funcións da Xunta de Galicia e candidato a presidir o PP de Galicia, Alfonso Rueda, na súa primeira sesión de investidura, a 10 de maio de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Hoxe e o próximo 12 de maio, o. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

De feito, no discurso de investidura destacaron os anuncios sobre a base do eixo "familia" e a infancia, un dos tres tractores en torno ao que vira o seu proxecto á fronte da Xunta. Entre eles, avanzou a incorporación de tres vacinas infantís ao calendario oficial: meninxite B, a do virus do papiloma humano para nenos e a antigripal tetravalente.

Deste xeito, en palabras de Rueda, Galicia converterase "na comunidade autónoma co calendario vacinal infantil máis completo", unhas vacias cuxa incorporación foron xa abordadas a nivel estatal no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS). De feito, Rueda manifestou que Galicia apostará ante o Ministerio de Sanidade que se estenda esta pauta "ao resto de España".

Durante a súa intervención, tanmén advertiu que hai que "protexer a saúde dos máis pequenos". "No noso sistema educativo non caben os abusóns. Os colexios e institutos galegos, á beira das familias, van combater o acoso escolar con todas as ferramentas ao seu alcance, a través dunha nova estratexia galega de convivencia escolar", avanzou.

Así, unha das grandes prioridades do goberno en materia educativa será combater unha "secuela" que "infrinxe unha dor inmerecido aos nenos que sofren e tamén as súas familias". "En Galicia, acoso escolar nunca máis", proclamou. Neste sentido, tamén manifestou que se presentará a "maior oferta" de campamentos e campos de voluntariado da historia, con máis de 10.8000 prazas, 3.000 máis que o ano pasado e destinaranse máis de 200 millóns en reforzar as competencias STEM.

SANIDADE

Pero, ademais da familia, Rueda tamén incidiu no ámbito sanitario, e na mesma liña que se veu avanzando desde a pandemia, certificou que se culminará a reforma da atención primaria nos próximos anos, ofrecendo un "contrato automático" a "todos e cada un" dos médicos de familia que terminen a especialidade e avanzando na mellora salarial para recompensar o esforzo que fai o persoal.

Neste sentido, remarcou que se avanzará no uso da telemedicina, integrando na historia clínica electrónica a información se seguimento de saúde como cardioimplantables, marcapasos, bombas de insulina ou medidores de glicosa. Tamén asegurou que todas as prazas que o Goberno central para formar novos especialistas, "cubriranse automaticamente".

E lembrou que "unha de cada catro persoas" padecerá un trastorno mental ao longo da súa vida, "unha cifra preocupante". Para iso, Galicia conta cun plan de saúde mental con medidas para toda a lexislatura, que contempla a contratación. Neste sentido, prestarase especial atención ao benestar dos adolescentes, que "sufriron moito" durante estes meses. Isto virá cun paquete de medidas que inclúe un "sistema de detección precoz de episodios que sexan alarmantes", que contará coa implicación do sistema educativo e dos profesionais sanitarios.

LEI DE INCLUSIÓN

Cos alicerces do "traballo, familia e futuro", o candidato á Presidencia da Xunta tamén confirmou que "este ano" se aprobará unha nova Lei de inclusión social para "dar resposta" ás familias que están nunha peor situación socioeconómica e co fin de facilitar que "poidan labrarse de forma autónoma o seu propio futuro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta