Máscaras biodegradables? A proposta duns estudantes contra a 'contaminación pandémica'

O proxecto será presentado no festival Galiciencia, en San Cibrao das Viñas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2022 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

Galiciencia celebra entre este mércores e venres en Tecnópole, no municipio ourensán de San Cibrao das Viñas, unha nova edición, en modalidade en liña e presencial, na que participarán 90 proxectos escolares procedentes de centros educativos de Galicia, Cataluña, País Vasco e Madrid.

Proxectos sobre a biodegradación de máscaras, un robot regador, unha xanela calefactora, un cultivo hidropónico automatizado ou unha boneca de reanimación cardiopulmonar son algúns exemplos das ideas que presentarán os escolares. En concreto, de maneira presencial concorren 50 proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP --que serán os que compitan polo premio final-- e 20 de Primaria.

Nunha visita a Galiciencia, o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, subliñou a importancia de "seguir apostando polo talento, seguir apostando pola innovación, e sobre todo apostar por esas vocacións científicas dos máis novos". Valora que se retome a presencialidade despois de dous anos, nunha iniciativa que permite "demostrar a súa creatividade e a súa orixinalidade", con proxectos que tamén supoñen un incentivo para o emprendimiento.

Unha máscara tirada no chan na rua
Unha máscara tirada no chan na rua | Fonte: Paula Daza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta