Un home detido en Pontevedra por un delito de violencia de xénero grazas á denuncia dun veciño

A Policía Local localizou ao home de 39 anos de idade nas inmediacións do edificio, e foi detido por presunto delito de violencia de xénero e desobediencia dunha orde de afastamento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2022 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Un home foi detido o pasado martes en Pontevedra por un suposto delito de violencia de xénero do que deu aviso un veciño, que chamou á Policía Local da cidade alertando dunha "forte discusión" nun domicilio. Na vivenda encontraron a unha muller supostamente agredida polo seu ex-parella, o cal quebrantara a orde de afastamento.

Segundo explica a muller, mantiveran unha "forte discusión" que foi aumentando de ton ata chegar a violencia física. A vítima, que presentaba lesións visibles en antebrazos, cara e pescozo, declarou que a súa exparella lle puxo "o xeonllo no pescozo" e a arrastrou "desde o corredor ata o salón".

A Policía Local localizou ao home de 39 anos de idade nas inmediacións do edificio, e foi detido por presunto delito de violencia de xénero e desobediencia dunha orde de afastamento. Foi trasladado con posterioridade a dependencias policiais para a súa posta a disposición xudicial.

A Concellería de Protección e Seguridade Cidadá agradeceu a colaboración cidadá para previr e denunciar actos deste tipo, e puxo de manifesto a "importancia do compromiso" por parte de toda a sociedade para erradicar este tipo de delitos e evitar a tempo "unha traxedia maior".

Policía Local de Pontevedra.
Policía Local de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta