Unións Agrarias e o Sindicato Labrego tachan de "ocasión perdida" a reforma da lei de cadea

Os sindicatos botan en falta unha regulación "máis rigorosa" e "medidas que realmente" liguen o obxectivo de alcanzar un prezo que cubra os custos de produción e remunere o traballo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2022 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

A organización Unións Agrarias tacha de "ocasión perdida" a reforma da lei de cadea, presentada no Consello de Ministros do martes, xa que "non resolve os efectos que causa a preponderancia das industrias á hora de asinar contratos de recollida cos gandeiros".

Neste sentido, avisa de que a ausencia de figuras como a dun mediador público que arbitre en caso de desacordo na cotización do leite, fai que todas as condicións do contrato quede nas mans dos operadores sen que as explotacións non poidan máis que adherirse a eles.

Deste xeito, bota en falta unha regulación "máis rigorosa" de primeiros compradores lácteos, que seguen sen ter obrigación de presentar avais que sosteñan as compras de leite que realizan. "Unhas situacións de insolvencia que seguen provocando graves quebrantos na economía das granxas afectadas pola reiterada falta de pagamentos que veñen da man dalgúns destes intermediarios".

Así mesmo, ve preocupante que a normativa presentada reduza o volume que se necesita para crear unha organización de produtores, xa que canto mais pequena, menor a capacidade de facer presión para mellorar as cotizacións.

Finalmente, destaca que a nova medida non debería de obviar establecer unha ferramenta de cálculo de custos de produción que poidan calcular unha media por tamaño e localización das granxas, "porque é fundamental para que o gandeiro poida ir á xustiza a reclamar o que lle corresponde".

Varias vacas leiteiras pastorean nunha granxa. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Varias vacas leiteiras pastorean nunha granxa. Álvaro Ballesteros - Europa Press

SINDICATO LABREGO

Tamén o Sindicato Labrego Galego (SLG) cualificou de "outra oportunida perdida" o marco de contratación para o sector lácteo. Nun comunicado, o SLG tachou de "decepcionante" o decreto que regula as condicións de contratación no sector lácteo, no botan en falta "medidas que realmente" liguen o obxectivo de alcanzar un prezo que cubra os custos de produción e remunere o traballo.

Para isto, reclaman leis que fixen mecanismos "específicos" para contar con "índices oficiais" que proporcinen "un sistema de cómputo real dos custos de produción". "É imprescindible que estes índices sexan elaborados en función das rexións e, no caso de Galicia, sexan realizados pola Xunta", aseverou o sindicato agrario.

Nesta liña, incidiu en que "de nada serven" modificacións na liña do marcado polo goberno, en alusión aos contratos de longa duración, cando "igualmente o prezo de compra ao gandeiro seguirá sendo o que a industria de quenda queira".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta