Detido un mozo de Oleiros por conducir 10 quilómetros sen unha roda

Circulaba baixo os efectos do alcol.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2022 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A Policía Local de Cambre abriu dilixencias por un delito contra a seguridade viaria a un veciño de Oleiros que circulaba baixo os efectos do alcol, segundo informan fontes municipais. O mozo, de 21 anos, conducía, ademais, sen unha das rodas dianteiras, o que chamou a atención dun particular que advertiu da situación á Policía.

Os feitos producíronse durante a fin de semana cando un residente da zona do Amorne contactou coa Policía para avisar de que desde a súa xanela vía a un coche circulando pola zona sen un dos pneumáticos. Este veciño informou de que o automóbil se detivo no carril e que o condutor se baixou do turismo, en aparente estado de embriaguez. A patrulla desprazouse ata o lugar e someteu ao home a dúas probas de alcoholemia que arroxaron resultados positivos (1,02 e 0,89 mg/l por alcol en aire expirado).

O condutor manifestou aos axentes que viña circulando desde a zona de Ledoño cando sentiu "que algo ía mal nesa roda", pero decidiu continuar ata que o coche non puido subir a costa. Polas marcas do pavimento provocadas polo coche, os axentes puideron saber que o mozo percorrera uns 10 quilómetros neste estado, desde a zona de Ledoño ata Cambre. Os axentes denunciárono por un delito contra a seguridade viaria.

Coche circulando sen unha roda. POLICÍA LOCAL DE CAMBRE
Coche circulando sen unha roda. POLICÍA LOCAL DE CAMBRE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta