O Goberno fará fronte á saturación dos xulgados galegos con 10 millóns de euros

Serán transferidos á Xunta, responsable de distribuír o investimento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2022 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou que o Executivo central transferirá un total 10.748.559 euros á Xunta para "transformar" o servizo público de xustiza de Galicia "e facelo máis accesible e eficiente".

"Con este importante investimento, de máis de 10,7 millóns de euros, o Goberno moderniza a Xustiza galega, achégaa á cidadanía e contribúe ao esforzo común de cohesión e sustentabilidade do sistema", destacou o represenante do Goberno. Este investimento económico do Goberno forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Concretamente, Galicia recibirá 9,6 millóns de euros en 2022 e 1,07 millóns en 2023, no marco da distribución aprobada no último Consello de Ministros, a proposta do departamento estatal. Este investimento servirá, así, para desenvolver o Plan Xustiza 2030, dentro do proceso de dixitalización da administración.

"A Xustiza ten que sincronizarse cunha realidade que é cambiante e, con ese obxectivo, o plan Xustiza 2023 permítenos avanzar cara a unha tutela xudicial efectiva e unha xustiza modernizada que a cidadanía entenda", afirmou José Miñones.

Con esta asignación de fondos, o Goberno dá cumprimento aos prazos pactados entre as autonomías e o Ministerio que dirixe a Pilar Llop na última conferencia sectorial, destaca o delegado. A distribución territorial será aprobada nunha próxima conferencia sectorial extraordinaria.

O delegado do Goberno no acto de de  apertura do ano xudicial no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno no acto de de apertura do ano xudicial no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta