Arrinca o PonteSán de Pontevedra coa saúde mental como centro

A feira da saúde inclúe exhibicións deportivas, charlas e pasarrúas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2022 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Xa está en marca PonteSán, a Feira da Saúde e o Benestar de Pontevedra. A cita arrincou o pasado venres 20 de maio e seguirá funcionando até o vindeiro domingo cun gran foco temático vertebrando os múltiples espazos comprendidos: a saúde mental. Así o anunciaran xa dende a concellería de Deportes e Saúde semanas atrás a respecto dun proxecto desenvolto en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

Equipo de Goberno de Pontevedra na Feira da Saúde
Equipo de Goberno de Pontevedra na Feira da Saúde | Fonte: Concello de Pontevedra

O PonteSán deste 2022 supón xa a terceira edición dun encontro celebrado na praza de España e a avenida de Montero Ríos da cidade do Lérez. Como o centro temático deste ano pasa por loitar contra os efectos da pandemia sobre a saúde mental e o estado de ánimo, boa parte das máis de 40 entidades expositoras contan con proxectos orientados ao coidado desta dimensión do equilibrio emocional 

Á presenza de charlas e coloquios sobre benestar mental únenselle outras actividades de ton máis próximo ao lecer como o campionato de petanca que terá lugar este sábado ás 17:00, o pasarrúas das 18:30 e distintas exhibicións deportivas entre as que se conta mesmo o tenis de mesa, tamén prevista para o presente sábado. O recinto foi vistado polo alcalde de Pontevedra e outros membros do goberno local. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta