Ortigueira, A Laracha e A Pobra acollen a Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Participarán 19 equipos, entre os que están "moitas futuras promesas do ciclismo galego".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2022 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

Ortigueira, A Laracha e A Pobra do Caramiñal acollen entre este venres e o domingo as tres etapas da XIX edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña. "Un gran espectáculo deportivo que regresa ás estradas coruñesas co impulso da Deputación da Coruña e a Federación Galega de Ciclismo tras dous anos de parón obrigado pola pandemia", remarca a institución provincial.

O evento foi presentado na sede da institución provincial polo presidente, Valentín González Formoso; a deputada de Deportes, Cristina Capelán; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, os alcaldes de Ortigueira e A Pobra, Juan Penabad e Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira de Promoción Económica da Laracha, Rocío López.

"Estamos moi satisfeitos porque a Volta á Provincia supón o regreso dun clásico do ciclismo tras dous anos de pandemia", afirmou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que deu a benvida e desexou éxitos deportivos aos integrantes dos 19 equipos participantes da categoría Elite Sub-23 nacional.

"Entre eles moitas futuras promesas do ciclismo galego, que desde mañá ata o domingo percorrerán 400 quilómetros en tres etapas nas que poderemos gozar do mellor ciclismo e que culminarán o domingo no miradoiro da Curota", engadiu.

Volta Ciclista á provincia da Coruña
Volta Ciclista á provincia da Coruña | Fonte: purociclismo.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta