Rescatan en Cangas unha persoa que navegaba nunha balsa e non conseguía chegar a terra

O seu estado era bo polo que non necesitou asistencia sanitaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2022 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

Unha embarcación de Salvamento rescatou en Cangas unha persoa que navegaba nunha balsa por presentar dificultades para chegar a terra.

Segundo informa o 112, efectivos de Salvamento recolleron este domingo á vítima na ría de Aldán e levárona ata a praia de Castiñeiras. O seu estado era bo polo que non necesitou asistencia sanitaria. Ao fío das 14,00 horas deste mediodía, un particular informaba o servizo dunha persoa nunha balsa con dificultades para volver a terra, nun polígono de bateas fronte a praia de Castiñeiras.

O 112 a Salvamento Marítimo, que xa tiña constancia do suceso, e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Así mesmo, foron informados a Garda Civil, a Policía Local e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas.

A salvamar 'Regulus', de Salvamento Marítimo, durante un rescate.. SALVAMENTO MARÍTIMO
A salvamar 'Regulus', de Salvamento Marítimo, durante un rescate.. SALVAMENTO MARÍTIMO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta