A Xunta amplía a vixencia do título de familia numerosa ata os 21 anos do primeiro fillo

Por E.P. | A Coruña | 03/06/2022 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciou este venres a ampliación da vixencia do título de familia numerosa ata os 21 anos do primeiro fillo.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan)
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) | Fonte: Europa Press

Fíxoo durante unha visita ás instalacións da Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan), na Coruña, onde destacou que, con esta medida, búscase axudar as 27.000 familias numerosas de Galicia nos seus trámites e xestións diarias.

A conselleira lembrou que actualmente as familias numerosas debían renovar este documento cada catro anos, "o que supuña un esforzo administrativo para elas".

Ademais de actualizar o acceso a este recoñecemento, a Xunta tamén renovou o deseño do carné familiar que se lle facilita ás familias numerosas e este mesmo ano porase a disposición delas un título de familia numerosas en formato dixital.

Fabiola García remarcou a Xunta pon a disposición das mesmas axudas e outros servizos como a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos que se ampliará tamén a primeiros a partir do próximo curso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta