Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2022 | Actualizada ás 14:08
A portavoz da Marea Atlántica, María García, mostrou a súa preocupación pola "falta de dilixencia" e de "avances" no cumprimento dos acordos asinados para este ano entre o seu grupo político e o Partido Socialista.
"Temos que reunirnos para mirar como se vai a levar a cabo a execución dos acordos", explicou a portavoz e asegurou que "a semana pasada" trasladoulle á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, unha solicitude para manter unha reunión e "encarrilar" as accións "antes do verán". "Esperamos a resposta canto antes, nós estamos completamente dispoñibles", apostilou.
María García fixo estas declaracións nunha rolda de prensa que ofreceu este luns para facer balance do tres anos de mandato da rexedora.
A portavoz destacou que a poboación está a vivir "momentos de incerteza". "Temos que esforzarnos para que esas políticas que ten o Concello na súa man estean dispoñibles", sentenciou.
Respecto ao papel do seu partido no últimos tres anos, García afirmou que fixo unha oposición "xenerosa e responsable" e insistiu en que "os mellores momentos do Goberno de Inés Rey son aqueles que veñen acompañados de acordos coa Marea Atlántica".
MEDIDAS IMPULSADAS POR MAREA
A portavoz lembrou que os "dous únicos orzamentos" aprobados neste mandato chegaron da man da súa formación política. Destacou tamén "a gran cantidade de políticas públicas vangardistas que están pensadas para atender as necesidades das persoas", en referencia á gratuidade das escolas infantís municipais ou as bonificacións fiscais a familias monoparentais e as parellas de feito.
García sinalou outras medidas impulsadas pola Marea que están pendentes de executar como a creación dunha empresa eléctrica municipal "100% pública e 100% renovable"; o Plan de Vivenda, "que debería comezar este ano con nove millóns de euros"; o programa Mover vos Baixos para os locais comerciais baleiros; ou o Plan de Saúde Mental.
Respecto ao proceso Marea Viva, que o partido instrumental clausurou o domingo de face á elección do seu candidato ou candidata para as eleccións municipais, María García sinalou que foi un día de "celebración e reencontro". "Estamos moi contentas cos resultados", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.