Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 13:42
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, manifestou que o goberno local "segue traballando" na apertura dos peiraos á cidade, mantendo as vías de diálogo institucional "abertas con todas as administracións".
A preguntas dos xornalistas, despois de que o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, lle pedise que concrete a compra dos peiraos, a rexedora sinalou que o futuro dos mesmos "estase tratando coa máxima responsabilidade, rigor e seriedade por parte do goberno local". "E polo resto de institucións chamadas a cooperar e traballar no futuro do deseño da fachada marítima", sentenciou na rolda de prensa que ofreceu tras a Xunta de Goberno.
NORA
Por outra banda, respecto da data de inauguración da nora situada no peirao de Batería, a rexedora precisou que os responsables presentaron a documentación para tramitar a licenza o pasado luns. Tamén apuntou que "falta o papel máis importante", a declaración responsable da persoa ou a entidade que se vai a facer cargo dela, polo que expuxo que aínda non foi posible a súa autorización.
XUNTA DE GOBERNO
Xa sobre a Xunta de Goberno, informou da aprobación de axudas económicas para "promover o benestar e autocoidado de persoas coidadoras de persoas dependentes" cun orzamento de 250.000 euros, dos cales cada beneficiario poderá recibir un máximo de 500 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.