O equipo alevín de Pontevedra Rápido de Bouzas, finalista dos Premios Golden Crack

Do público depende o 50% do resultado das votacións para facerse co galardón.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

Os Premios Golden Crack, o balón de ouro para os equipos de fútbol base, xa coñece os seus finalistas. Nunha edición na que participaron máis de 325 equipos de todo o Estado, o Alevín A - Rápido de Bouzas, de Pontevedra, conseguiu clasificarse entre os 50 finalistas que optan ao equipo Golden Crack da tempada 2021/2022. 

Equipo Alevín Rápido de Bouzas de Pontevedra
Equipo Alevín Rápido de Bouzas de Pontevedra | Fonte: deportegalicia

Para esta decisiva fase, a organización do Golden Crack designa un novo xurado profesional,

responsable do 50% do resultado. O outro 50% achegarao o público que participe na votación, xa aberta neste enlace, ata o 31 de agosto.

A gala de entrega de premios realizarase o próximo 17 de setembro de 2022, ás 12:00 horas,

no Salón de Actos Luís Aragonés da Cidade Deportiva das Rozas, en Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta