Acusan a Lito de prácticas agresivas coa Panorama

Nas festas da Ascensión en Compostela, o Concello non contratou nada con Espectáculos Lito. A empresa montou unha festa coa Orquestra Panorama no Eixo, unha parroquia de Santiago, contraprogamando na práctica os concertos na capital. Agora, Severino Rodríguez, alcalde de Monforte, conta unha historia similar a de Santiago, denunciando presións do representante do famoso grupo.

Por X.M. Fernández | Monforte | 07/08/2014 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A situación acontecida na Comarca de Lemos a comezos de mes recorda ao sucedido en Compostela na primavera. Coa proximidade das Festas Patronais de Monforte (programadas do 11 ao 16 de agosto) foi noticia estes días a decisión de cancelar unilateralmente a actuación da Panorama por parte do seu representante, Lito, cando ao parecer había un preacordo co alcalde para que estivese na capital da Ribeira Sacra o vindeiro día 12 de agosto. 

Orquesta Panorama tocando en Paderne de Allariz, no lugar de Figueiredo
Orquesta Panorama tocando en Paderne de Allariz, no lugar de Figueiredo

Severino Rodríguez, alcalde de Monforte de Lemos,  dá súa versión dos feitos:

Cando se apalabrou a actuación da Panorama? Chegouse a formalizar por escrito?

Formalizouse de palabra o mes de setembro de 2013, facendo un recordatorio mutuo hai 3 ou 4 meses. Non existe ningún tipo de compromiso por escrito.

Para completar o resto de actuacións festivas cónstanos que se presentou un concurso público. Contemplaban as condicións que todo o programa sería para un só programador ou axencia de espectáculos? Que axencias se presentaron?

Severino Rodríguez, alcalde de Monforte
Severino Rodríguez, alcalde de Monforte | Fonte: amafer.es

Presentouse un concurso público para todos os días das festas, excepto o 12 e o 14 de agosto pois o 12 estaba reservado para o compromiso coa orquestra Panorama e o 14 para un festival de rock. Non se contemplaba ningunha condición relativa a que todo o programa seria para unha axencia (incluso teño dubidas de que legalmente se poida poñer) pois había dous días que xa estaban pechados e polo tanto non se podían incluír no concurso. Presentáronse dúas propostas: a do representante da orquestra Panorama e Espectáculos Espín.

Valoradas e puntuadas as propostas presentadas, comunicouse a resolución ás axencias que concorrían?

As dúas foron coñecedoras por diversos medios do resultado.

En que momento decide a axencia que leva a Panorama cancelar unilateralmente o concerto do día 12 de agosto? Que argumentos expón para esta cancelación? 

No momento en que coñece que non gañou o concurso. O argumento que expón é que o seu xeito de traballar é que ou xestionan todas as orquestras que actúan nas festas ou a orquestra Panorama non actúa. A única alternativa que se ofrece é facer todo, diante do que eu indico que iso é unha chantaxe e o que se me pide é que cometa unha monumental ilegalidade, cousa que non acepto nin farei. O Concello non pedirá  ningunha indemnización porque non hai nada por escrito, cousa que foi un erro pola miña parte ou un exceso de confianza.

Como se entera vostede de que, coñecida a cancelación, a axencia que leva a Panorama ofrece esta orquestra a prezo “low cost” en Concellos veciños coa intención de contraprogramar as Festas Patronais de Monforte?

Porque mo manifestan os alcaldes en dous casos e o concelleiro responsable das festas no outro, alcaldes que renunciaron a tan tentadora oferta, feito que os honra.

Coñecida a cancelación como e con quen se cubre o baleiro creado na programación e con pouco tempo para sacar un novo concurso?

Cúbrese con moita présa e decidimos contratar tres actuacións polo mesmo importe aproximadamente, que son: OBK, SORAYA e a Orquestra América de Vigo.

A Panorama ten un gran tirón mediático en Galicia e move moita xente. Pensa que os monfortinos entenderán todo o acontecido e farán a lectura obxectiva que procede neste caso?

Espero que si, pero aínda que non fora así penso que o que fixen foi o correcto. Non todo ten un prezo, non todo se pode aceptar. O máis doado houbese sido aceptar, pero eu non son Alcalde de Monforte para facer o doado, se non para facer o correcto, o xusto e o moralmente defendible. Sen estes valores e sen dignidade non se pode construír nada interesante.

Lito Martínez, de Espectáculos Litos, entregando un cheque para a loita contra o cancro
Lito Martínez, de Espectáculos Litos, entregando un cheque para a loita contra o cancro | Fonte: orquestabysantos5c
Cantantes da Orquesta Panorama
Cantantes da Orquesta Panorama | Fonte: orquestas5c.blogspot.com
Lito Garrido, cantante da Orquesta Panorama
Lito Garrido, cantante da Orquesta Panorama | Fonte: crtvg.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

3 kkkbitch

Prácticas agresivas? Eufemismos aparte, Al Capone tampouco era de Monforte.

2 Churros

O alcaide de Monforte choromicando polos medios pola Panorama. Menos mal que di que é do Bloque, por iso oferece populismo, machismo e intolerancia, todo un modelo o da Panorama, que siga chorando polos votos populares, se cadra gañou moifos coa rua dedicada a Fraga, até lle compensa non poder ofrecer o espectáculo

1 Xaquín

Xa estades os agoreiros de sempre botando a lingua a pacer. Que si, rapaz, que na Galiza o que trunfa é a música importada de Euskal Herria e de Catalunya. O resto, o que arrasa entre o 80% dos galegos, é purrela sempre. Así lle vai ao pais con "puretas" siberianos coma vós.

2 Populacheiros

Pola mesma razón do Xaquinciño, o que arrasa na Galiza é o PArtido Podre. se cadra os Severinos e os Xaquinciños de turno tedes algunha responsabilidade! Para facer o mesmo que o PP, mellor orixinal a copia!

3 Purismo de barra

E non paraches a pensar porque o PP arrasa en Galicia?. Que pasa, que ti es o galego "puro", e o resto son os estranxeiros colonizados?. Igual o teu problema, como o de moitos upegalliños é que non estades coa xente. Non sabedes o que quere, o que pensa, o que busca... E claro, os coitados colonizados votan ao PP porque os "puros de espírito" están a cousas máis elevadas propias das mentes marxistas-estalinistas. Pero, machiño, logo nas urnas tedes un 5%... Iso si, a puros non vos gaña nin o güisqui escocés.

4 AmijoDeTusAmijos

Na Galiza ganha o PP porque a maioria dos votantes som ignorantes que nom sabem por onde vem a corrente. Que quere a gente? comilonas de balde e trabalho pra a familia no concelho. Que pensa a gente? que Gran Hermano nom era o que foi e que a ex de Pakirrin e umha furcia. Que busca a gente? beber na taberna de fiado dando clases de cousas que nom sabe e parar no puticlub antes de ir a casa. Saludame siempre amijo pepero!

1 GZemP

Eu o que alucino é que haja tanto paleto que vaia a dar palmas a estas péssimas copias do que já é mau, e que não há vergonha?

1 infinitoemailalo

+100000000∞

2 Risco

Eu tamén fico abraiado de que haxa tanto pailán que vai ós festivais de heavy e rock alternativo a consumir fariña e fumar canutos, pero así che son as cousas

3 VaiPrantarPatacasPailan

Nos concertos de heavy nom se toma farinha fenomeno, e se te colhem fumando algo que nom seja tabaco os seguratas chaman a panhoca tirante fora da sala, pouco saes da aldeia ti, nom?

4 o dos numeros

Por certo, o de arriba nom fala das drojas que se mete a paila nas festas patronais, fala de que e umha vergonha que neste pais tenhamos que suportar tal bazofia nas festas. Saludos a su senhora

5 vergoñento

Un pasmón escribindo en kinglom portunholeiro chamando "pailán da aldeia" a alguén, ha ha ha ha, igual cós españolitos. Vai cosmopolizarte aos locais de ambiente e ás saunas.

6 GZemP

Pailan de aldeia? onde é que diz isso?? acho que o pailão é o senhor, isso sim seguro que não é da aldeia.

7 viriato

Mas vocês são todos pailões porque são galegos. Só tem que procurar a palavra "galego" no dicionário para saber: 6. [Informal, Depreciativo] Moço de fretes. 7. [Informal, Depreciativo] Indivíduo que faz trabalho pesado e intenso. 8. [Informal, Depreciativo] Homem grosseiro, malcriado ou rude. 9. [Brasil, Depreciativo] Português de baixa instrução http://www.priberam.pt/DLPO/galego . VIGO É PORTUGAL!

8 GZemP

Pailão é qualquera, o mau é ser pailão fazendo-se passar por outro pailão e pensar que só por isso deixar de ser pailão.