Recordo a Samuel Luiz da Deputación da Coruña cun fado de Davide Salvado e Cibrán Seixo

E non só traballando na actualización da lexislación, senón tamén actuando desde o ámbito educativo", expuxo na súa intervención. Nela, manifestou tamén que "un de cada tres delitos de odio en Galicia representan LGTBIfobia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2022 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña lembrou este martes a Samuel Luiz, falecido tras unha malleira o 3 de xullo do ano pasado no paseo marítimo coruñés, cun fado interpretado polos músicos Davide Salvado e Cibrán Seixo.

No acto, organizado na conmemoración do Día do Orgullo LGTBI, participou tamén o deputado provincial Xosé Lois Penas, quen apelou á necesidade de ser "contundentes contra os delitos de odio".

"E non só traballando na actualización da lexislación, senón tamén actuando desde o ámbito educativo", expuxo na súa intervención. Nela, manifestou tamén que "un de cada tres delitos de odio en Galicia representan LGTBIfobia".

Tras a súa intervención, procedeuse á lectura dunha declaración institucional, ademais de interpretar os músicos Davide Salvado e Cibrán Seixo o 'Fado para Samuel', definido por Davidade, como "unha resposta artística reivindicativa".

Este acto forma parte da quinta edición da campaña 'Liberdade de ser e sentir', que ten en marcha a área provincial de Igualdade, en colaboración con concellos e entidades da provincia.

Os músicos Davide Salvado e Cibrán Seixo con motivo da súa participación no acto institucional da Deputación da Coruña no Día do Orgullo LGTBI. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Os músicos Davide Salvado e Cibrán Seixo con motivo da súa participación no acto institucional da Deputación da Coruña no Día do Orgullo LGTBI. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta