Gadis, premiada polo Clúster Alimentario por "fomentar un estilo de vida saudable"

A cadea galega de GADISA retail difunde en redes sociais contido para promover unha dieta equilibrada e un consumo responsable.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2022 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Supermercados Gadis vén de recibir un premio do Clúster Alimentario de Galicia por "potenciar un estilo de vida saudable a través das súas redes sociais". Con contido diversificado, a cadea achega aos seus miles de seguidores propostas que reflicten os beneficios de levar a cabo unha dieta equilibrada e practicar un consumo responsable. Así o recoñeceron os Premios Galicia Alimentación 2022, que concederon a Gadis un dos galardóns correspondentes á categoría 'estratexia de mercado'.

Gadis recibe un premio do Cúster de Alimentación de Galicia por promover un estilo de vida saudable
Gadis recibe un premio do Cúster de Alimentación de Galicia por promover un estilo de vida saudable | Fonte: Gadis

Máis de 60 empresas do sector presentaron as súas candidaturas a estes premios, que alcanzan a oitava edición e que se entregaron nunha gala que tivo lugar na Cidade da Cultura. O xurado, reunido previamente hai unhas semanas, valorou positivamente que un dos propósitos de Supermercados Gadis sexa "promover a alimentación saudable entre a sociedade". Destacou, ademais, "a divulgación de coñecementos sobre distintos temas

relacionados con este obxectivo".

A coordinadora de Marketing Dixital e Contidos de GADISA retail, Alexandra Kuntz, recolleu este galardón, que "referenda a aposta de Gadis por xerar un impacto positivo na sociedade", explica a compañía. Á estratexia en redes sociais súmase a web https://www.gadis.es/saludable/ e o programa Alimentes Dixital, unha plataforma interactiva a través da que se chega a miles de crianzas de educación infantil e primaria de Galicia e Castela e León conscientes da necesidade de adquirir bos hábitos na infancia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta