A residencia provincial de Navia de Suarna comezará a funcionar en outubro

Contarán con 30 prazas e dará emprego a 25 persoas.

Por E.P. | Lugo | 30/06/2022 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este xoves que o Centro de Atención a Maiores de Navia de Suarna comezará a funcionar no mes de outubro. Así o dixo despois de asinar co alcalde da localidade, José Fernández, o convenio específico necesario para a posta en marcha do centro, durante a celebración dunha xornada de portas abertas organizada pola institución provincial na que numerosos veciños coñeceron as instalacións, que contarán con 30 prazas e darán emprego a 25 persoas.

Navia de Suarna, en Lugo
Navia de Suarna, en Lugo | Fonte: clubrural.com

O convenio asinado supón un investimento de máis de 3 millóns de euros ata o ano 2025, garante a prestación pública do servizo e establece a prioridade de acceso ás prazas para os veciños de Navia de Suarna, seguidos dos de concellos limítrofes e do resto da provincia.

No texto, a Deputación comprométese a efectuar o financiamento previsto, a actuar como órgano de contratación e a impulsar un equipo técnico especializado no ámbito dos servizos sociais. Pola súa banda, o concello comprométese a colaborar coa institución provincial e a facer as achegas económicas previstas.

"Hoxe solicitamos o Permiso de Inicio de Actividade á Xunta de Galicia, e esperamos que dea unha resposta canto antes", avanzou José Tomé, que engadiu que xa hai unha vintena de solicitudes para entrar ao centro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta