Os pataqueiros da Limia inician mobilizacións ante a alza dos custos de produción

UU.AA. pide establecer "con claridade liñas vermellas que permitan erradicar a venda a perdas" e dar cumprimento ás leis de cadea alimentaria.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/06/2022 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

A organización Unións Agrarias (UU.AA.) e a Asociación de Pataqueiros da Limia iniciarán este martes, 5 de xullo, un calendario de mobilizacións para pedir o "cumprimento íntegro" da lei de cadea alimentaria e protestar contra a alza dos custos de produción. A manifestación sairá ás 12,00 horas da Delegación da Xunta na cidade de Ourense e dirixirase cara á sede da Subdelegación do Goberno.

Segundo expón UU.AA. nun comunicado, a situación do sector pataqueiro "é moi grave" polas consecuencias que está a provocara a seca nas "principais zonas de abastecemento" de cereais, como América, así como en países europeos como España, Italia e Romanía.

Ademais, o sindicato ve "con especial preocupación" a alza dos prezos dos combustibles desde a invasión de Ucraína: "O gasto en gasoil que un agricultor asume por día de sementeira pasou dos 1.500 aos 2.500 euros, ao que hai que sumar a escalada imparable da enerxía e dos fertilizantes, que duplicaron o seu prezo debido ás limitacións á exportación de Rusia".

Neste contexto, UU.AA. lembra a "vital importancia de contar con ferramentas oficiais de cálculo dos custos de produción" e reivindican a implicación da Xunta e do Estado para establecer "con claridade liñas vermellas que permitan erradicar a venda a perdas" e dar cumprimento ás leis de cadea alimentaria.

Patacas
Patacas | Fonte: COAG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta