"Que remedio me queda"... Acepta case oito anos de prisión por apuñalar á tía da súa exmoza e a dúas persoas máis

Acusaba a tía a a parella dela de ser os causantes da súa ruptura.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/07/2022 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Un home acusado de apuñalar á tía da súa exmoza, á parella desta e a un veciño que intercedeu na liorta acepta sete anos e nove meses de prisión e o pago de 22.000 euros de indemnizacións. "Que remedio me queda", declarou o procesado durante a vista celebrada este martes na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña.

Os feitos, segundo o escrito fiscal, ocorreron o 19 de abril de 2021 na Rolda de Nelle da Coruña, cando o acusado se disfrazou de repartidor para logar que lle abrisen a porta do domicilio onde residían a tía da súa exmoza e a parella desta, aos que o procesado atribuía a responsabilidade pola ruptura da relación que mantivera coa súa sobriña.

Ambos resultaron feridos o pescozo por arma branca e o veciño que intercedeu na pelexa recibiu unha coitelada nunha perna.

Vista do xuízo celebrada este martes na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña
Vista do xuízo celebrada este martes na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Europa Press

CONDENAS

A Fiscalía vía inicialmente dous delitos de homicidio en grao de tentativa con agravante de disfrace e outro de lesións, polos que pedía 19 anos e tres meses de prisión e o pago de 15.000 euros de indemnizacións.

O acusado recoñeceu os feitos a cambio dunha rebaixa da condena e tras abonar os 15.000 euros solicitados polo que se recoñece a atenuante de reparación do dano.

O Ministerio Fiscal, as acusacións particulares e a defensa chegaron a un acordo no que rebaixaron a sete anos e nove meses a pena de cárcere, pero subiron a 22.000 euros a contía que debe abonar ás vítimas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta