As empresas do mar: "Somos medioambientalistas. Queremos deixar as rías nun bo estado"

A Xunta critica que non haxa transferencia de Costas: "En Madrid non nos entenden".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 13/07/2022 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia solicitou un ditame ao Consello Consultivo sobre a transferencia da competencia de Costas a Galicia, e insistiu en que a estratexia do Goberno para a xestión deses espazos suporá o "abandono total e absoluto" do litoral por parte das industrias e das persoas.

Así o trasladaron a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, tras manter unha reunión coa Confederación Mar-Industria Alimentaria, na que tamén participou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Tras o encontro, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, reafirmou o "apoio decidido" do goberno galego a este sector, ante as decisións que está a tomar o Executivo central desde o ano 2019 e que pon en risco a viabilidade de moitas empresas da cadea mar-industria situadas neses espazos.

"FALTA DE TRANSPARENCIA" DO GOBERNO CENTRAL

Segundo engadiu, a Xunta está a trasladar ao sector o seu traballo na elaboración desas alegacións e ante a "falta de transparencia" do Goberno. "Estamos moi preocupados, preocupación compartida polos concellos e a industria", explicou a conselleira, que apuntou que o propio Rueda confirmou ás empresas a petición dese ditame ao Consello Consultivo "para clarificar que o Goberno ten que traspasar as competencias en Costas".

Esta transferencia non suporía unha reformulación do Estatuto de Autonomía, que xa recoñece as competencias en materia de ordenación territorial, a falta de ter as competencias de xestión. "Non nolas poden negar", proclamou çvázquez, que lamentou que a "interpretación" que fai o Goberno central da xestión dese dominio público "dista moito da realidade".

"Os PRIMEIROS MEDIOAMBIENTALISTAS"

Pola súa banda, o presidente da Confederación Mar-Industria Alimentaria de Galicia, Juan Manuel Vieites, recoñeceu a "fonda preocupación" do sector polos plans do Goberno central, e advertiu de que "non é tan fácil a viabilidade" das empresas desta industria se se teñen que trasladar desde as súas actuais localizacións na costa.

"Queremos seguir traballando onde estamos, cumprindo a normativa, de forma viable e sustentable", proclamou Vieites, que incidiu en que as actividades desta industria "non prexudican para nada ao medio ambiente". "Nós somos os primeiros medioambientalistas, que queremos deixar para o día de mañá as rías nun bo estado", apostilou.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; e a conselleira do Mar, Rosa Quintana; nunha reunión con representantes da Confederación Mar-Industria Alimentaria.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; e a conselleira do Mar, Rosa Quintana; nunha reunión con representantes da Confederación Mar-Industria Alimentaria.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta