Un operario sofre unha descarga eléctrica dun cable de alta tensión en Vilagarcía

Tivo queimaduras en mans e pés.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 21/07/2022 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido este xoves tras sufrir unha descarga eléctrica dun cable de alta tensión no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo informou o 112 Galicia, foi un compañeiro do operario, que se atopaba montando estadas na rúa Montiño, o que deu a voz de alarma.

Para asistilo foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Vilagarcía, que utilizaron unha autoescalera para chegar ao lugar onde se atopaba o ferido, a seis metros de altura.

O home resultou ferido con queimaduras en mans e pés e foi trasladado en ambulancia a un centro médico. No operativo participaron tamén efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias e da Policía Local e Nacional.

Instalación de fibra óptica en liñas de alta tensión. ENDESA - Arquivo
Instalación de fibra óptica en liñas de alta tensión. ENDESA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta