Jácome quere que o PP de Ourense rectifique e lle amose públicamente o seu apoio

Acusa aos populares de "filtracións varias" nos medios de comunicación para desestabilizalo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/07/2022 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, citou á portavoz do Partido Popular no concello, Flora Moure, e ao tamén concelleiro do grupo de goberno, e secretario local do PP na cidade, Jorge Pumar, para que "aclaren a súa posición sobre o grupo de goberno municipal e sobre o pacto establecido entre Democracia Ourensá e PP para gobernar esta cidade". O encontro é este martes ás 9,30 horas, na Alcaldía.

Tal e como explicou nun comunicado, o alcalde toma esta iniciativa "á vista das informacións publicadas nos diferentes medios de comunicación" e de "filtracións varias que chegan por todos os lados", así como das declaracións aos medios do novo líder do PP local, Manuel Cabezas, nas que "di que se vai a reunir con eles para reflexionar sobre se deciden seguir ou non no goberno municipal".

"Isto non é seriedade nun grupo de goberno, polo que lles imos a esixir un firme compromiso e unha declaración pública deste compromiso para poder continuar no grupo de goberno. A estabilidade do goberno municipal vai máis aló de intereses electorais. Con Ourense non se xoga", dixo o rexedor, en relación a este asunto.

O presidente do PP da Deputación de Ourense, Manuel Baltar (esquerda), e o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, asisten ao Campionato de España de Atletismo en Pista Cuberta
O presidente do PP da Deputación de Ourense, Manuel Baltar (esquerda), e o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, asisten ao Campionato de España de Atletismo en Pista Cuberta | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta