Os prezos en Galicia subiron case un 50% máis que hai un ano

Os prezos volveron subir un 1,7% en xuño con respecto ao mes anterior e acumulan subas indiscriminadas desde o inicio da guerra de Ucraína.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2022 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Os prezos industriais subiron en Galicia un 1,7% o pasado mes de xuño en relación ao mes anterior e volvéronse a disparar ata o 46,5% en taxa interanual, marcados polo aumento do prezo da enerxía. Mentres, a nivel nacional subiron un 1,9% respecto ao mes anterior e un 43,2% en taxa interanual.

Así, en Galicia, esta taxa subiu tres décimas respecto da rexistrada o pasado mes de maio, cando se situaba no 1,4%, segundo informou este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Os prezos disparáronse en Galicia marcados polo incremento do 121% da Enerxía. Séguelle o incremento dos Bens ntermedios, do 24,8%, o rexistrado nos Bens de consumo non duradeiro, do 11%, e o de Bens de consumo, do 10,8%. Segundo destacou o INE, os prezos industriais sen contar a enerxía subirían un 15,3% na comunidade galega.

DATOS ESTATAIS

No conxunto do Estado, os prezos industriais subiron un 1,9% o pasado mes de xuño en relación ao mes anterior e disparáronse un 43,2% en taxa interanual. No entanto, esta taxa moderouse catro décimas respecto da rexistrada en maio, segundo informou este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Taxa interanual prezos industriais Galicia.
Taxa interanual prezos industriais Galicia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta