Por Galicia Confidencial | Allariz | 30/07/2022 | Actualizada ás 11:00
O Festival RiR, que quenta motores e está rematando de encaixar contidos, comeza xa a avanzar cousas.
Como en cada edición, terán un oco para dar a coñecer outros festivais de cinema. Nesta ocasión estará en Allariz o produtor Iván Patiño que presentará o palmarés do Festival Amigo Convidado Fancine de Lemos, evento que rematou o pasado 10 de xullo en Monforte.
Segundo contan dende a organización, para este ano recibiron un total de 236 curtametraxes de comedia e estarán na Selección Oficial 37 delas, curtas que se darán a coñecer a partir do vindeiro día 3 de agosto.
O Premio RiR Contigo, que premia traxectorias dedicadas ao humor e á comedia e que en pasadas ocasións foi para Carlos Blanco, Luis Davila e Xosé A.Touriñán, terá nesta edición nome feminino. O premio será para Isabel Risco, unha muller ligada ao humor galego dende sempre.
O vindeiro día 10 de agosto será a presentación oficial do festival en Allariz.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.