Declarada ilegal unha vivenda de uso turístico no centro histórico de Santiago

Non contaba coa autorización municipal para ese negocio.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2022 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

Unha vivenda situada no centro histórico de Santiago foi declarada ilegal para o uso turístico polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), tras o recurso de apelación interposto polo Concello de Santiago e, ademais, ordenouse o peche do inmoble baixo apercibimento de execución forzosa.

Oferta de pisos turísticos na web Airbnb
Oferta de pisos turísticos na web Airbnb | Fonte: Airbnb

A sentenza, indica o Concello, "é firme e non susceptible de recurso". "O TSXG marca unha clara distinción entre as habilitacións autonómicas e as municipais para o exercicio desta actividade", continúa a declaración do consistorio.

Doutra banda, o Goberno da capital galega sinalou --segundo establece o Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro-- que a vivenda non contaba coa autorización municipal para a apertura dun piso turístico.

Para o Concello, esta sentenza contén un pronunciamento de "máxima relevancia" ao considerar que o uso turístico non se pode asimilar ao uso de vivenda, senón ao uso hoteleiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta