Acusan ao Concello de Santiago de "burlarse" das familias tras a licitación do novo servizo de comedores

A Federación de ANPAS COMPOSTELA di que é "un claro retroceso" con respecto ao servizo que xa había.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/08/2022 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

A Federación de ANPAS COMPOSTELA, a través da súa comisión de comedores de Santiago, onde están representadas ás anpas dos dez centros con servizo de madrugadores e comedor xestionados polo concello de Santiago, cualifica de "desprezo e burla" ás familias o novo proceso de contratación do servizo de comedor.

Comedor escolar. EUROPA PRESS - Arquivo
Comedor escolar. EUROPA PRESS - Arquivo

O proceso de licitación do servizo foi aprobada en consello de goberno o pasado día 26

de xullo e tamén foi moi criticado por grupos da oposición, nomeadamente, Compostela Aberta. 

A Federación de Anpas critica duramente a valoración feita polo alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo, defendendo a xestión deste servizo. "Supón tamén a máxima expresión non só da incompetencia deste goberno co seu alcalde á cabeza na xestión do servizo e de todo o que ten que ver co dpto de educación, senón do total desleixo e desprezo polas súas responsabilidades públicas neste senso", denuncia a entidade nun comunicado.

Así, apunta que, tras levar anos reclamando un cambio paulatino cara outro modelo deste servizo, e levar moitos meses insistindo na necesidade de licitar o servizo, atopanse "cun proceso de licitación que supón un claro retroceso" do que xa hai.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta