A Ribeira Sacra cruza os dedos ante a previsión de treboadas: "podería estragar a uva"

Subliñan que as choivas poden mellorar a calidade da vide.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2022 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra móstrase vixiante ante os prognósticos meteorolóxicos dos próximos días na zona e a incidencia das treboadas que se esperan no inicio da vendima. Esta semana espéranse treboadas que poderían varias as previsións de, a priori, "unha boa colleita", como apuntou o presidente do D.O., José Manuel Rodríguez.

"A auga viralle ben á uva despois dun verán de moita calor no que estiveron pasando por moito extrés", recoñeceu o responsable da Ribeira Sacra, quen, no entanto, incide en que a choiva debe ser moderada e non estar acompañada doutros fenómenos para que non repercuta negativamente na colleita.

Rodríguez pensa que sempre que sexan "treboadas puntuais", sen sarabia nin outros fenómenos meteorolóxicos adversos, "hidratarse viralle moi ben á uva". Despois dun verán de moita calor e poucas choivas, as zonas máis castigadas pola seca verán á vendima máis atrasada, mentres que enlos lugares nos que "caeu algo durante o verán pódese adiantar algo".

Aínda que admite que é pronto, Rodríguez asegura que todo indica a que esta será unha tempada de "viño e uva de calidade". Afirma que o verán tratou vin á uva e aínda que a branca viuse "un pouco máis prexudicada polas altas temepraturasde estes últimos meses", a previsión é de cultivar un total de 6 millóns de quilos.

Con todo, polo momento o D.O Ribeira Sacra non quere aventurarse coas datas exactas da vendima. O máis habitual, di Rodríguez, sería que a finais deste mes de agosto ou principio do que vén,setembro, o Consello Regulador fale con máis seguirdad sobre días aínda que podería ser que algunhas vendimas se fosen realizando de maneira puntual.

Germán, patriarca da familia Bendiña de Rozavales. Carlos Castro - Europa Press / Europa Press / Europa Press
Germán, patriarca da familia Bendiña de Rozavales. Carlos Castro - Europa Press / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta