Por E.P. | OURENSE | 29/08/2022 | Actualizada ás 19:11
A xunta de goberno da Deputación de Ourense, reunida este luns por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de preto de 300.000 euros en subvencións para proxectos municipais e de entidades privadas.
Así, destínanse 45 axudas, por un importe próximo aos 75.000 euros, dos que se beneficiarán 35 municipios para iniciativas relacionadas con festas tradicionais, etnográficas, programación de Nadal, música e cinema.
No capítulo de cooperación cos municipios, acordouse as seguintes partidas: 15.000 euros para a oficina municipal de turismo de Montederramo; 97.000 euros para a rehabilitación dun edificio de uso turístico no Corgo, en Muíños; 7.000 ao Concello de Lobios para un vídeo da gaiteira Susana Seivane; así como uns 48.000 euros para obras de mellora de firme en estradas de San Amaro.
No tocante a entidades privadas, a Coral de Ruada recibirá 26.000 euros; tamén 26.000 euros para a Fundación Curros Enríquez; e 5.000 euros para a asociación cultural Abertal. Neste tres casos son axudas para financiar gastos de funcionamento deste ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.