'Arte de Man', unha cita coa artesanía en Allariz

Reúne ao redor dunha trintena de artesáns tanto locais coma do resto da comunidade.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 05/09/2022 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Este ano 2022, Arte de Man volve á localización que estrenu o ano pasado,na contorna de Santo Estevo dentro do casco histórico de Allariz . A cita reúne a uns 30 artesáns e artesás galegos/as en horario ininterrompido de 11:00 h. a 20:00 h. o domingo 11 de setembro.

María López e Eva Sampedro na presentación de 'Arte de Man 2022'. Foto: Prensa Concello de Allariz.
María López e Eva Sampedro na presentación de 'Arte de Man 2022'. Foto: Prensa Concello de Allariz.

Arte de Man ofertou exposición e venda de distintas disciplinas artesás, tradicionais e innovadoras, como son a cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, coiro e madeira, entre outros.

Este ano como novidade hai un completo programa de actividades no que se puido gozar de demostracións ao vivo de cerámica e pintura. Tamén hai varios obradoiros, concretamente un de cestaría, un de cerámica e outro de trenzado de palla de centeo. Para ambientar toda a xornada do mercado tamén hai música en directo.

Durante a presentación, María López --concelleira de Promoción Económica--, salientou que “a artesanía forma parte da nosa identidade e do noso patrimonio cultural e tamén artístico. Arte de Man é sempre unha oportunidade para por en valor e dar a coñecer aos nosos artesáns e diferenciarnos cun produto creado seguindo as pautas tradicionais pero innovando no deseño”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta