Por Galicia Confidencial | | 08/09/2022 | Actualizada ás 20:08
Tras conversacións ca Fundación Igualdad Animal e outras organizacións de protección animal, a cadea de supermercados GADIS publicou o seu compromiso para deixar de comercializar ovos de galiñas engaioladas antes da finalización de 2025.
O supermercado tamén se compromete a deixar de comercializar ovos de sistemas de cría combinados ou “combi”, comparables a sistemas de gaiolas convencionais, e informará sobre o seu progreso anual cara a aplicación completa do compromiso.
Gadis súmase así aos principais supermercados de España que xa adquiriron este compromiso. Desta forma, vese como se está marcando unha tendencia no sector cara sistemas alternativos ás gaiolas na producción de ovos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.