Bugallo destaca o papel de Santiago como o "aeroporto central de Galicia"

Destaca que creceu en agosto un 26% en relación aos datos prepandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2022 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, referiuse este luns aos "datos excepcionalmente bos" que está a ter o Aeroporto de Santiago este ano, cun mes de agosto no que, en viaxeiros, superou en máis dun 26% os últimos datos prepandemia, os de 2019.

En rolda de prensa, Bugallo explicou que os medios de transporte en Santiago están "a funcionar a un ritmo absolutamente extraordinario, en particular o aeroporto. En cifras, destacou, o aeródromo compostelán experimentou un crecemento do 155% en agosto con respecto ao mesmo mes de 2021 e dun 26,7% en relación a 2019, un ano que xa fora "marca histórica". En cómputo anual, dixo, o aumento de pasaxeiros é do 8,8%.

Tamén o alcalde destacou o transporte de mercadorías, cunha cota do 85%, mentres que en viaxeiros é do 65%, o que "reforza" a imaxe do de Santiago como "aeroporto central de Galicia".

Vista aérea do aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela
Vista aérea do aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela | Fonte: arquitectura gallega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta