Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2022 | Actualizada ás 18:45
A web do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia xa conta coa videointerpretación en lingua de signos nos consellos de autoprotección. O obxectivo desta incorporación é garantir a funcionalidade e a compresión das informacións esenciais para a prevención de riscos ante a meteoroloxía adversa, no fogar e nos momentos de lecer.
Así o presentaron este martes o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), Iker Sertucha.
Desta forma, as persoas que o desexen poderán acceder tanto a través da web de Axega como da canle de Youtube 'CIAE 112 Galicia' aos contidos. Esta iniciativa completa outras accións a favor da accesibilidade, como garantir a comunicación coas persoas xordas no suceso dunha situación de emerxencias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.