Detención dos responsables dun parking ilegal no Aeroporto de Santiago para notificarlles un xuízo

Os dous detidos son responsables dun parking ilegal que ofertaba os seus servizos para os pasaxeiros do Aeroporto de Santiago e que, tras recoller os vehículos dos clientes na terminal, aparcábanos en leiras, aparcadoiros de restaurantes e gasolineiras próximas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2022 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron este martes en Santiago aos responsables do parking ilegal do Aeroporto compostelán, co obxectivo de notificarlles un xuízo.

En concreto, o matrimonio, que está inmerso en varias causas en relación ao aparcadoiro ilegal do aeroporto, foi detido e pasou o mesmo día a disposición do xulgado de instrución número 1 de Santiago, en funcións de garda.

O motivo, apuntan fontes xudiciais, era unha requisitoria do Penal 1 de Santiago para notificarlles un escrito de cualificación fiscal no que os advertía de que, se non comparecen nun xuízo sinalado proximamente neste xulgado, "os declarase en rebeldía".

Os dous detidos son responsables dun parking ilegal que ofertaba os seus servizos para os pasaxeiros do Aeroporto de Santiago e que, tras recoller os vehículos dos clientes na terminal, aparcábanos en leiras, aparcadoiros de restaurantes e gasolineiras próximas, e mesmo na propia beiravía da estrada, sen ningún tipo de control.

Os investigados foran citados para recoller este escrito nos xulgados composteláns, pero non se presentaron, polo que se deu orde de procura e detención.

Coche patrulla da Policía Nacional
Coche patrulla da Policía Nacional | Fonte: Policía Nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta