Detido con case un quilo de drogra tras fuxir nun coche de gran cilindrada

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2022 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Santiago detiveron a un home de 37 anos de idade como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, e ao que lle interviñeron 900 gramos de haxix, algo máis de 2.000 euros e un coche de gran cilindrada.

A detención produciuse o pasado luns no marco dun dispositivo de seguridade e control, cando un dos coches seleccionados tratou de darse á fuga. O condutor foi finalmente interceptado e, tras un rexistro minucioso, os axentes atoparon ocultas no maleteiro 18 tabletas de haxix, cun peso de 900 gramos.

Nun segundo rexistro en Comisaría, localizouse un sobre que contiña 2.030 euros fraccionados en billetes. Polo que se procedeu ao comiso de todos os efectos intervidos, así como do vehículo, un Audi de gran cilindrada.

Efectos intervidos a un condutor interceptado nun control en Santiago de Compostela, e detido por un suposto delito de tráfico de drogas
Efectos intervidos a un condutor interceptado nun control en Santiago de Compostela, e detido por un suposto delito de tráfico de drogas | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta