Críticas cruzadas entre Podemos e BNG a conta da negociación dos orzamentos na Coruña

O BNG di que non negociará as contas do PSdeG se tamén fala con edís que se presentaron baixo as siglas de Marea Atlántica e que agora son "non adscritos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2022 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A concelleira non adscrita de Podemos no Concello da Coruña, Isabel Faraldo, cualificou de "antidemocrático" que o BNG cuestione a súa posibilidade de negociar co goberno local coruñés as contas de 2023, tras rexeitar os nacionalistas unha posible negociación coa presenza desta e da nova concelleira Susana Soneira, que entrará como independente, en substitución de Claudia Delso, de Marea Atlántica.

A entrada de Soneira abre un novo escenario na posibilidade de negociar do goberno local socialista ao reducirse o número de edís da Marea Atlántica, ata agora socio preferente. Con todo, desde o BNG, o seu portavoz, Francisco Jorquera, puxo en cuestión negociacións con edís non adscritas.

De "ataques torpes e desmedidos", cualificou Isabel Faraldo a postura do BNG, ao que lembrou que participou na medida da súa "responsabilidade" nas contas de 2022. "Estas declaracións --dixo sobre as realizadas polo portavoz municipal do BNG, Francisco Jorquera-- limitan a lexitimidade de dous concelleiros non adscritas".

"Con todo, non se sinala á única edil non adsrita que ten unha sentenza en contra por incumprir os preceptos que marca a lei", engadiu sobre Mónica Martínez, concelleira que se presentou por Cs, formación que logo abandonou.

Cuestionada sobre se negociará co goberno local, Faraldo afirmou que os socialistas se mostraron en pleno "abertos á negociación", pero confirmou que non houbo "ningún contacto directo". "Este é o xogo democrático", dixo tamén sobre a nova situación na corporación local coruñesa.

Francisco Jorquera e Avia Veira
Francisco Jorquera e Avia Veira | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta