Yolanda Díaz, sobre a petición das familias do Pitanxo de reunirse con ela: "Nunca invado competencias alleas"

Os familiares cualifican de "burla" estas palabras.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 30/09/2022 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, pronunciouse este venres sobre a petición das familias das vítimas do pesqueiro galego 'Villa de Pitanxo' de reunirse con ela, sinalando que "nunca invade competencias alleas".

Así, tras ser preguntada polos medios de comunicación despois de participar nun encontro con mariscadoras en Vilagarcía de Arousa, Díaz saíu ao paso asegurando que o Goberno de España "está a traballar nesta cuestión". "Son os ministerios competentes os que teñen que atender esta cuestión. Nunca invado competencias alleas", limitouse a dicir a tamén vicepresidenta segunda do Executivo de Pedro Sánchez.

Todo iso despois de que as familias leven meses solicitando un encontro con Díaz xa que reivindican que os 21 falecidos no naufraxio eran traballadores do mar. Precisamente, esta mesma semana criticaron que Díaz acudise a Galicia a falar sobre as condicións de traballo das mariscadoras e non acepte recibilos.

RESPOSTA DAS FAMILIAS

As palabras de Díaz tiveron reacción case inmediata das familias. O seu portavoz, María José de Pazos, tachou de "sorprendentes" as declaracións, lamentando o "desinterese" que "roza a burla" e lembrando que se investigan "delitos graves contra a saúde e a seguridade dos traballadores" que, ao seu xuízo, "deberían ser unha prioridade na súa axenda".

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz
A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta