Formoso cualifica de "falta de respecto" a ausencia de Rueda no encontro hispano-alemán

Formoso sinalou que non comprende que o presidente da Xunta decidise non asistir, alegando que a invitación lle chegou 48 horas antes, e "deixase de representar a Galicia", un feito que considera "unha falta de respecto" a todos os galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, criticou a ausencia do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no encontro hispano-alemán ao que estaba convidado. Así, advertiu de que se trata dunha "falta de respecto aos galegos", así como a un país receptor da emigración galega durante décadas como é Alemaña.

Así, o tamén presidente da Deputación da Coruña reivindicou a "importancia" do cume bilateral entre España e o país xermano para Galicia, xa que "Europa estaba a mirar a Galicia". A condición de Alemaña de primeira potencia económica da UE resalta para os socialistas "a importancia que tivo este encontro" para a Comunidade galega.

Por iso, Formoso sinalou que non comprende que o presidente da Xunta decidise non asistir, alegando que a invitación lle chegou 48 horas antes, e "deixase de representar a Galicia", un feito que considera "unha falta de respecto" a todos os galegos.

Así mesmo, sinalou que tivo "un feo" coa delegación alemana, encabezada polo chanceler Sholz, que representa a un país no que viven máis de 14.000 galegos, entre os cales "están os que tiveron que marchar por falta de oportunidades durante o mandato de Feijóo cando Rueda era Vicepresidente".

O representante socialista cualificou de "data histórica" para Galicia a xornada deste mércores 5 de outubro, xa que tivo "a honra" de acoller un evento de tal magnitude e que "ningún presidente galego estivo ante unha oportunidade" de estar nun encontro de tan alto nivel, que Alfonso Rueda "desaproveitou".

O secretario xeral do PSdeG fixo estas declaracións no marco dunha visita a Vigo, xunto co ministro de Agricultura e Pesca, Luís Planas, entre outras autoridades, cos que acudiu ao auditorio Mar de Vigo, que acollerá un cume de pesca durante a presidencia española da Unión Europea de 2023.

O secretario xeral do PSdeG xunto co ministro de Agricultura e Pesca, Luís Planas, entre outras autoridades,  nunha visita ao auditorio Mar de Vigo, que acollerá un cume de pesca duran. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG xunto co ministro de Agricultura e Pesca, Luís Planas, entre outras autoridades, nunha visita ao auditorio Mar de Vigo, que acollerá un cume de pesca duran. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta