O BNG sinala que os orzamentos "estancan" para Galicia e cualifícaos de "decepcionantes"

"Estamos a falar dun orzamento decepcionante, que non cumpre con Galicia e que o BNG vai traballar activamente para que sexa mellorado e responda os intereses do noso país", sinalou Néstor Rego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, advertiu de que as partidas previstas para Galicia nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) se "estancan" nun contexto de contas expansivas e mentres que crecen as partidas para outras comunidades que xa "estaban á cabeza".

Nunha primeira valoración, o deputado nacionalista dixo que o BNG "non vai cuestionar que se invista noutras comunidades" pero si "reclama" que se cubran as "necesidades presentes" de Galicia e, ao tempo, "compensar o déficit histórico".

Ademais, criticou que "non aparecen" a modernización de varias liñas ferroviarias ou para o corredor atlántico para a modernización das mercadorías. Tampouco "existen" partidas para atallar a crise industrial, para o proceso de transición xusta ou rexeneración das rías, máis aló do que estaba previsto no Burgo --xa licitado--.

"Estamos a falar dun orzamento decepcionante, que non cumpre con Galicia e que o BNG vai traballar activamente para que sexa mellorado e responda os intereses do noso país", sinalou.

Néstor Rego, sobre as reivindicacións de que son "os máis sociais" da historia, apunta que os incrementos para os empregados públicos suporá "unha perda" de poder adquisitivo e "non está resolto" o SMI, mentres que pide subir as pensións e "solucionar" a cuestión da vivenda pública.

Ademais, o BNG cuestionan que se suba o gasto militar. "É unha barbaridade que neste contexto a prioridade do Goberno PSOE-Podemos sexa incrementar o gasto militar no canto de atender as necesidades sociais", remachou.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta