Os encoros galegos baixo mínimos, ao 42,6%

As chuvias dos últimos días non chegan para frear o descenso. Marea Atlántica pide ao Concello da Coruña que actúe ante a situación "extrema" do encoro de Cecebre.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2022 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

As choivas caídas nos últimos días non frearon o descenso dos encoros galegos, que seguen perdendo auga e sitúanse xa ao 42,6% da súa capacidade, máis dun punto por baixo do que tiñan fai sete días.

Segundo o boletín hidrolóxico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, este martes hai embalsados en Galicia 1.584 hectómetros cúbicos de auga, 40 menos que a semana pasada.

No caso da conca Miño Sil, ten 1.285 hectómetros cúbicos de auga, 27 menos que fai sete días, e está ao 41,5% da súa capacidade --0,9 puntos por baixo--. Pola súa banda, os encoros da conca Galicia Costa perderon nunha semana 13 hectómetros cúbicos de auga, ata os 339, e están ao 47,7% da súa capacidade --1,9 puntos menos--.

No caso dos encoros da Miño Sil, a auga embalsada é menor que a media da última década, pero está por encima das cifras de hai un ano. Con todo, os de Galicia Costa están por baixo tanto da media dos últimos 10 anos como dos datos de outubro de 2021.

Unha barca de madeira no encoro con pouco caudal en Negueira de Muñiz
Unha barca de madeira no encoro con pouco caudal en Negueira de Muñiz | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

MAREA ATLÁNTICA

De feito, a Marea Atlántica esixiu ao Concello da Coruña que expoña as medidas adoptadas ata o momento e as que ten intención de asumir para solucionar a situación de seca prolongada existente na actualidade.

Así o manifestou a través dun comunicado, no que reclama "actuar sen máis dilación" e insta á alcaldesa herculina, Inés Rey, a convocar ao Consello de Emalcsa e a coordinarse con "todos os municipios" que se abastecen do encoro de Cecebre. O escrito alerta de que o nivel de reservas de auga desta presa está no 38%, "algo inédito para un mes de outubro cando o normal é que supere o 65%".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta