A moda tampouco se libra da inflación: máis do 80% das empresas contempla subir os prezos

Tras o golpe da pandemia, a tónica en 2021 foi de forte recuperación e case nove de cada dez empresas incrementaron as ventas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A inflación chega á moda. Despois de anos de guerra de prezos e deflación continuada no sector, o 82% das empresas españolas do negocio da moda en España contemplan subir os seus prezos durante o presente exercicio. Unha cota inédita na historia recente do sector. Non so o produto será máis caro: a maioría das compañías comezaron xa ou se plantexan empezar a cobrar polos envíos online, un canal que continúa sendo o máis importante a medio prazo para case o 40% dos enquisados.

Unha muller camiña con bolsas con compras no Black Friday
Unha muller camiña con bolsas con compras no Black Friday | Fonte: Alberto Ortega - Europa Press

Estas son algunhas das conclusións que se desprenden da duodécima edición do Barómetro Veepee-Modaes de Empresas de Moda en España, un estudo patrocinado por Veepee e elaborado por Modaes a partir das testemuñas dunha mostra de 300 empresas españolas de moda.

Hai un gran consenso entre as empresas en que a inflación será xeneralizada no sector: unha aplastante maioría, do 95%, cre que os prezos aumentarán en 2022, por só un 5% de empresas que anticipan unha contracción. O 65% dos panelistas del Barómetro de Empresas de Moda en España cren que a inflación podería ter efectos a longo prazo para o sector, mentres que un 34% consideran que o efecto no negocio da moda será só temporal.

Son similares as respostas no que se refire á situación xeopolítica internacional: un 55% contemplan un impacto duradeiro na moda, fronte a un 44% que estiman que este impacto será só efémero.

Tamén as subidas de tipos de interese terán un impacto no sector, aínda que no con máis intensidade que en outras actividades económicas. Así o creen o 68% dos enquisados, fronte a un 29% de compañías que prevén que o impacto en moda sexa máis acusado.

NOVE DE CADA DEZ INCREMENTARON AS VENDAS TRAS A PANDEMIA

El informe de Veepee y Modaes recoLLe tamén datos sobre o desempeño das compañías do sector en 2021, o último exercicio cerrado, y as súas previsións para 2022. Tras o golpe da pandemia, a tónica en 2021 foi de forte recuperación e case nove de cada dez empresas incrementaron as ventas. O 57% dos panelistas recuperaron incluso os seus volumes de ventas de 2019, antes do estoupido do Covid-19.

Para 2022, marcado polo estoupido da guerra en Ucraína, o optimismo se modera lixeiramente: o 75% das empresas prevén unha evolución positiva do seu negocio, mentres que un 19% anticipan que se manterá estable e un 6% que retrocederá. Estas previsións se trasladan tamén á creación de emprego: case dous de cada tres grupos do sector prevén aumentar as súas plantillas este año.

Este crecemento se producirá pese a que o entorno non é tan bo, segundo as percepcións das propias empresas. Só o 35% definen la situación do mercado da moda en España como boa ou moi boa e o 57% vena regular. De cara a 2023, o entorno podería empeorar: sube ao 13% a ratio de empresas que cren que a situación do mercado para a moda en España será mala o próximo ano.

O ONLINE CRECE, PERO CON NOVAS NORMAS

As principais empresas de moda de España continúan apostando polo canal online como o máis importante a medio e largo prazo, se ben o consenso que así o sitúa cae ata o 37%. O multimarca, pola súa parte, mantense no 30% e as tendas propias recuperan terreo: o 22% das compañías as identifican como o canal clave para o seu desenvolvemento.

Os datos están apoiados polo bo desempeño do ecommerce durante 2022. Co comercio físico xa libre de restricións, el 51% dos enquisados sinalan que as súas ventas online crecerán no exercicio en curso, fronte a un 42% que cren que se manterán estables.

Porén, as normas que rexeron este canal están cambiando. O 65% das compañías do sector cobran xa polos envíos online en algúns casos y outro 9% o fai sempre. Menos popular é a opción de cobrar polas devolucións: fano un 49% das empresas, aínda que un 27% o contempla.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta