Previstos case un millón de movementos nas estradas galegas durante a operación especial de Todos os Santos

Esta operación comezará ás 15,00 horas deste venres, 28 de outubro e estenderase ata as 22,00 horas do martes 1 de novembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2022 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé máis de 920.000 movementos na rede viaria de Galicia, durante a operación especial de Todos os Santos 2022, que comeza este venres e esténdese ata o vindeiro martes.

Segundo informou a DGT nun comunicado, prevén que as estradas galegas rexistren un 14% dos 6.600.000 desprazamentos en España durante a operación especial de tráfico, o que resulta uns 924.000.

Desta forma, esta operación comezará ás 15,00 horas deste venres, 28 de outubro e estenderase ata as 22,00 horas do martes 1 de novembro.

Así, a DGT sinalou como vías máis afectas por intensidade de tráfico en Galicia na autoestrada AP-9 e AP-9F, e nas autovías A-6, AC-11, AC-12, AC-14, AC-173, AC-174, AC-415, AC-543, AC-552, AG-11, AG-56, AG-59.

A estas sumáronlle as estradas nacionais N-6, N-525, N-550, N-651, e a estrada de circunvalación da capital galega SC-20.

Arquivo - Tráfico Coches. CEDIDA - Arquivo
Arquivo - Tráfico Coches. CEDIDA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta