As entradas para o concerto de Joaquín Sabina na Coruña poranse á venda este xoves

O concerto será o 2 de xuño

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/11/2022 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

As entradas para o concerto que Joaquín Sabina ofrecerá o 2 de xuño na Coruña poranse á venda este xoves, día 10, segundo informa o consistorio coruñés. A venda anticipada realizarase a partir das 12,00 horas a través das webs www.contratodopronostico.com e www.jsabina.com.a Coruña será unha das citas de Sabina dentro da súa xira 'Contra todo prognóstico', coa que retorna aos escenarios.

Será o 2 de xuño de 2023, unha vez concluída a súa serie de recitais por diversos países americanos. 'Contra todo prognóstico' desenvolverase na súa primeira parte durante febreiro e marzo en Colombia, Perú, Chile e Arxentina, para finalizar en abril en Montevideo.

O día 20 de abril iniciará a súa xira en España, cun concerto en Las Palmas de Gran Canaria, chegando á cidade da Coruña en xuño despois de actuar en Santa Cruz de Tenerife, Málaga, Alacante e Madrid, para proseguir con concertos en Palma de Mallorca, Valencia, Bilbao, Murcia, Sevilla, Granada, Pamplona, Barcelona e Zaragoza.

Cartel promocional da xira de Joaquín Sabina. RIFF MUSIC
Cartel promocional da xira de Joaquín Sabina. RIFF MUSIC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta