O mellor humor de Marta Doviro no 'Outono a escena' de Arzúa

O certame escénico que organiza o Departamento de Cultura trae este venres 11 de novembro a esta actriz, prsentadora e cómica para actuar na Capela da Madanela. O espectáculo que interpretará Doviro será "Memorias dunha rapasa da costa".

Por Galicia Confidencial | Arzúa | 11/11/2022 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

O programa cultural Outono a escena vén de pechar un mes de outubro con moita participación e espera que novembro non se quede atrás. Este mes en curso serán protagonistas os monólogos dirixidos ao público adulto e as actividades dirixidas para público escolar con motivo da conmemoración do Día da Infancia.

Marta Doviro. Foto: E.N.
Marta Doviro. Foto: E.N.

O certame trae este venres 11 de novembro á Capela da Madanela á cómica Marta Doviro que tamén é actriz e presentadora. Leva máis de dez anos enriba dos escenarios e ten participado en películas, curtas, webseries e ficcións para a TVG con papeis relevantes en Pazo de Familia ou A Lei de Santos, entre outras. Tamén destaca como presentadora, tendo saído en programas da Galega como Malo Será, Máis Galego, Luar ou Feirantes.

'MEMORIAS DUNHA RAPASA DA COSTA'

Como monologuista, Marta Doviro leva por Galicia o seu espectáculo Memorias dunha rapasa da Costa, co cal foi galardoada co premio Dorotea Bárcena á Mellor Monologuista Cómica no 2021. Ten compartido escenario con grandes cómicos do país como Carlos Blanco, Luís Piedrahita, Luís Zahera, Sergio Pazos, Manquiña, Oswaldo Digón ou Pepo Suevos.

Neste espectáculo, Marta fala das súas vivencias por distintas vilas nas que viviu durante gran parte da súa infancia, con especial atención a Muxía. Retrata en clave de comedia o carácter carismático das súas xentes, experiencias, acontecidos e ata historias reais de piratas.

A función comezará ás 21:00 h. na Capela da Madanela, lugar que será tamén escenario dun novo monólogo o venres 25, nesta ocasión da man de Tito Rober. Ambos humoristas chegan da man de Hermanager Producións. As actuacións serán de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta