Piden a doazón de sangue, sobre todo dos grupos A+ e 0+, que presentan reservas baixas

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán estes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns necesarias que garantan o desenvolvemento dos centros sanitarios de Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2022 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento á cidadanía ante a necesidade de sangue dos grupos A+ e 0+, que contan con reservas baixas.

ADOS explicou que as reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que ven necesario reforzar o chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade.

Así, lembrou que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.

Nunha nota de prensa, sinalou que en determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non ocorre o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que necesitan os centros sanitarios. Por iso, "é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns", polo que ADOS solicita "un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue".

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán estes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns necesarias que garantan o desenvolvemento dos centros sanitarios de Galicia.

Entre os lugares nos que estarán nos próximos días: Ferrol, Santiago, A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, O Saviñao (Lugo) ou Val do Dubra (A Coruña).

Autobús da ADOS pide doazóns de sangue aos galegos / ADOS. / Europa Press
Autobús da ADOS pide doazóns de sangue aos galegos / ADOS. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta