Alcoa convoca ao comité de Cervo o mércores para abordar o investimento no forno de cocción en aluminio

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/11/2022 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

Alcoa convocou ao comité de empresa de Cervo para o vindeiro mércores 30 co obxectivo de abordar a desviación prevista nas obras do forno de cocción na planta de aluminio.

O pasado xoves, a multinacional informou dunha "desviación" con respecto aos investimentos previstos na planta de 78 millóns, sen contar cos 10 que se corresponden coa subestación illada de gas (GIS).

Sobre a actualización do acordo, as partes acordaron que a multinacional fixese esta nova convocatoria para renegociar estas novas condicións.

Segundo o presidente do comité, José Antonio Zan, o "diñeiro a maiores" son 78 millóns "sen contar os 10 millóns que se van a gastar no GIS, que xa está aprobada".

"Tamén están aprobadas as mesas de coada de fundición e só nos quedan dous proxectos por aprobar, con desviacións bastante grandes", segundo advertiu Zan.

Neste senso, apuntou ás barras de compensación, que pasan de 12 a 18 millóns de custo, e ao forno de cocción, "que pasaría a custar uns 109 millóns, segundo di Alcoa".

"Esta gran desviación do forno de cocción tamén sería en tempo. Non chegaría para o 1 de xaneiro de 2024. Están a falar do primeiro trimestre de 2025", destacou.

En calquera caso, engadiu que "esta desviación non afectaría ao rearranque". "Iso segue firme e para nós é fundamental", subliñou.

Vista da fábrica de Alcoa a través dunha pancarta queimada, en San Cibrao
Vista da fábrica de Alcoa a través dunha pancarta queimada, en San Cibrao | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta