Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2022 | Actualizada ás 13:38
Galicia acollerá a partir do 23 de febreiro do próximo ano a segunda edición da volta ciclista profesional 'O Gran Camiño', unha iniciativa que percorrerá o catro provincias galegas como unha aposta polo deporte e pola promoción turística.
Na presentación desta nova edición, que se celebrou este luns en Santiago de Compostela, participou o promotor do evento, Ezequiel Mosquera, que destacou o papel do ciclismo e sinalou que "na estratexia turística global cada vez ten máis peso o deporte".
Deste xeito, Mosquera explicou que "en paralelo ao espectáculo deportivo está o espectáculo visual" e que "o que máis sorprendeu a todo o mundo na edición pasada foron as paisaxes". Ademais, subliñou que "é importante ligar o ciclismo á promoción do territorio".
Así, indicou que os detalles desta segunda edición da volta ciclista, así como as rutas e equipos participantes iranse revelando "de cara á celebración do evento" e que "se pretende superar todas as cifras conseguidas ".
Na primeira edición, os deportistas percorreron máis de 530 quilómetros de territorio galego. Así, subliñou o impacto que tivo a nivel mundial, con máis de 1,4 millóns de espectadores en Eurosporst e máis de dous millóns de impresións nas redes sociais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.