As sereas da presa ourensá de Velle soarán mércores e xoves por unha proba do plan de emerxencias

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/11/2022 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

Naturgy comunicou que os vindeiros mércores e xoves, 30 de novembro e 1 de decembro, realizará unha proba acústica das sereas instaladas na presa de Velle, en Ourense, no marco do Plan de Emerxencias das instalacións.

As sereas serán audibles entre as 9.00 e as 20.00 horas nas proximidades da presa de Velle, é dicir, nos municipios de Ourense, Coles, O Pereiro de Aguiar, Barbadás e Toén.

A compañía enerxética explicou que, posto que unicamente se trata dunha proba, a poboación non deberá realizar ningunha acción especial ao escoitala e poderá continuar normalmente coas súas actividades.

Segundo detallou, a empresa, xunto coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta, a Unidade de Protección Civil da Subdelegación do Goberno en Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, está a acometer a implantación do Plan de Emerxencia na presa.

O obxectivo destes plans de emerxencia, sinalou, é "incrementar as garantías de seguridade que xa de seu ofrecen as presas". Dentro das medidas que establece o Plan de Emerxencia inclúese a instalación dunha rede de sereas dentro da zona de influencia da presa.

Encoro de Velle, Ourense, en inverno
Encoro de Velle, Ourense, en inverno | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta