O BNG non acepta que a UE só fale con Marrocos en relación ao Sahara Occidental

O BNG reivindica que a Fronte Polisario é "o lexítimo e único representante" do Pobo Saharui, como así o recoñece a ONU.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2022 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

O BNG censurou que a interlocución da Unión Europea no conflito do Sahara limítese a Marrocos, polo que piden ao Servizo de Acción Exterior que encabeza o español Josep Borrell que recoñeza á fronte Polisario como "lexítimo representante" do Sahara Occidental.

Así o defendeu a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, que participou en Berlín na Conferencia Europea de Solidariedade co Pobo Saharauí (Eucoco) en representación do Intergrupo de Apoio ao Sahara do Parlamento Europeo, un encontro no que tamén estivo a parlamentaria na Cámara galega Montse Prado.

"Non podemos aceptar que desde a Unión Europea só se dialogue cunha parte", remarcou Ana Miranda, que demandou ás autoridades europeas que dean pasos para acabar coa ocupación de Marrocos e que suspendan os acordos co país norteafricano "que supoñen unha clara falta de respecto aos dereitos humanos".

A Conferencia Europea de Solidariedade e Apoio ao Pobo Saharaui é a cita anual máis importante do movemento "de solidarida" con este territorio, como lembra o BNG nun comunicado, no que reivindica que a Fronte Polisario é "o lexítimo e único representante" do Pobo Saharui, como así o recoñece a ONU.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, en Berlín na Conferencia Europea de Solidariedade co Pobo Saharauí (EUCOCO) en representación do Intergrupo de Apoio ao Sahara do Parlamento Europeo. BNG
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, en Berlín na Conferencia Europea de Solidariedade co Pobo Saharauí (EUCOCO) en representación do Intergrupo de Apoio ao Sahara do Parlamento Europeo. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta