O presidente galego insiste en que o Goberno "rectifique" a súa "gran equivocación" coa lei do 'só si é si'

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2022 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, volveu a reclamar ao Goberno central no seu conxunto que "rectifique" a súa "gran equivocación" coa coñecida como lei de 'só si é si', para que "deixen de saír condenados por abusos sexuais á rúa" ou que non se acurten máis penas de prisión.

Preguntado respecto diso tras a reunión semanal do Executivo galego, Rueda insistiu en que esta norma contén un "texto erróneo" que hai que modificar "canto antes".

Ademais, criticou que o Goberno central pasase de "primeiro soster que non había ningún erro", a "logo tentar desviar a atención" para "logo recoñecer en 'off the record, en privado', que isto se pode modificar".

O presidente da Xunta achacou a postura do Executivo central "no seu conxunto" á súa "soberbia" de non querer "recoñecer que se equivocou". Así, recalcou que "canto antes rectifique, antes deixarán de saír condenados por abusos sexuais á rúa ou se lles acurtarán as penas".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa tras a reunión semanal do Goberno galego
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa tras a reunión semanal do Goberno galego | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta